O programa Educando en Familia de Ribadeo amplíase á parroquia de Covelas

AMariñaXa
O programa Educando en Familia de Ribadeo amplíase e chegará a partires do vindeiro luns, 30 de xaneiro, á parroquia de Covelas. 
programa educando en familia ourol portada
29 Xan 2023

O programa Educando en Familia, que se imparte desde hai anos na vila de Ribadeo, amplíase e chegará a partires do vindeiro luns, 30 de xaneiro, á parroquia de Covelas.

A concelleira de Servizos Sociais, Mónica Freire, indicou que “levamos xa un tempo colaborando co programa Educando en Familia, que se imparte no noso Concello. E agora ampliamos a actividade realizando unha sesión na escola de Covelas que será dous luns ao mes ás 11:00 da mañá e que terá unha duración de dúas horas”. A primeira sesión, engade a edil ribadense, “ será este próximo luns, 30 de xaneiro”.

Freire Rancaño dixo que “deste xeito recuperamos o programa nas parroquias, que seguirá impartíndose igualmente no Colexio Gregorio Sanz, como ata o de agora, e financiado ao 100% polo Concello de Ribadeo”.

A edil lembrou que “Educando en Familia é un programa educativo que vai dirixido ás familias con nenos/as con idades comprendidas entre os 0 e os 6 anos aínda que asistan a outros centros educativos (Colexios, Escolas Infantiles-Garderias…) co fin de contribuír á formación das familias e así mesmo axudar a desenvolver plenamente as capacidades dos seus fillos/as a través de diversas actividades axeitadas a cada idade e aproveitamento do contorno dun xeito consciente e reflexivo para reforzar a competencia educativa familiar”.

0.18918919563293