O programa de verán para os nenos de Alfoz segue en agosto
O programa municipal para os nenos do Concello de Alfoz que se desenrola nos meses de xullo e agosto en horario de mañá, ten un éxito total de participantes que acadou o 100% das prazas dispoñibles.
Neste curso están a facer actividades do máis variado como deporte, xogo, arte, ciencia, fomento da lectura, medio ambiente, etc, e todas cun fío común que é o fomento da igualdade.
Se durante xullo disfrutaron de obradoiros de alimentación saudable ou de educación vial con Parque infantil de Tráfico instalado no Pavillón, en agosto terán un obradoiro de Baile en igualdade o día 4. A semana seguinte, poderán disfrutar das Maletas Viaxeiras e diversas actividades de educación medioambiental do Ceida no que se traballará a pegada ecolóxica.
Xa por último rematarase o programa Ludiverán-Xogando en Igualdade cunha festa de clausura, dentro da cal poderán desfrutar de Se as árbores falaran de Iseo a Moura, ademais de xogos e sorpresas.