O programa Conecta Lugo buscou en Ribadeo solucións baseadas na innovación para apuntalar o seu futuro

AMariñaXa
Bota a andar o obradoiro Ribadeo prepara o teu camiño. Terá unha duración de nove meses e formará a 20 persoas en situación de desemprego
Obradoiro Ribadeo conecta Lugo 4
26 Out 2023

Ribadeo acolleu o obradoiro 'Brainstorming: innovación como futuro no turismo', organizado pola Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) co apoio do Goberno autonómico no marco do programa Conecta Lugo.

Quince empresas do sector turístico (de hostalaría, restauración, axencias e consultoría), déronse hoxe cita no Real Club Náutico de Ribadeo neste encontro no que, en dinámicas de grupo, trataron de buscar solucións baseadas na innovación para apuntalar o seu futuro.

O obxectivo final do encontro foi o de elaborar unha DAFO conxunta entre asistentes, relatores e técnicos especializados, que derivou nunha mochila de ideas e solucións innovadoras para cada unha das empresas asistentes.

Conecta Lugo

Conecta Lugo é un programa de tutelaxe e asesoramento empresarial posto en marcha pola CEL co apoio da Xunta de Galicia a través da Axencia Galega de Innovación e o Instituto Galego de Promoción Económica. Busca unha mellora no acceso das pemes lucenses, en especial as situadas no rural, ás axudas para modernización, innovación ou mellora da competitividade, entroutras, habilitadas pola Administración Autonómica.

Segundo lembro o secretario da CEL, Jaime López, na primeira fase desta iniciativa, finalizada en decembro de 2022, “un total de 352 empresas foron asesoradas no marco de Conecta Lugo”. Asemade, “a análise de datos a nivel galego desvelou ademáis un notable incremento de participación das empresas lucenses nos programas de axuda autonómicos, nalgúns dos cais incluso se cuadriplicaron as solicitudes”.

O secretario da CEL subliñou que a actual fase de Conecta Lugo continúa aberta e que as empresas poden solicitar asesoramento individualizado no marco deste programa até o 31 de decembro do actual exercicio.

0.10351896286011