O programa +Concilia Marzo favorecerá a conciliación en Barreiros durante a Semana Santa

AMariñaXa
O Concello de Barreiros encherá de cor as árbores e demais mobiliario urbano  da súa praza para conmemorar o 8 de marzo
6 Mar 2024

A concellería de igualdade do Concello de Barreiros pon en marcha un novo programa de axuda á conciliación en época de vacacións escolares financiado a través da subvención de igualdade da Xunta de Galicia na liña de conciliación.

Así, preséntase o programa +Concilia Marzo que favorece a conciliación familiar para esta Semana Santa con actividades para os días 25, 26, 27 de marzo e 1 de abril de 2024 en horario de 9.30 a 13.30 horas.

Esta actividade está destinada a crianzas nadas do 01/01/2012 ao 31/12/2020 e será totalmente gratuíta para as familias.

Desenvolverase no Ceip de San Cosme de Barreiros, aínda que de forma puntual e atendendo ao requirimento das actividades programadas farase uso doutros espazos ou instalacións próximas no termo municipal.

As inscricións formalizaranse nas oficinas do Concello desde o 6 ata o 13 de marzo (ambos inclusive) en horario de 9.30 a 14.00 horas.

Toda a información así como a ficha de inscrición están dispoñibles na web municipal www.concellodebarreiros.gal

0.14453506469727