O programa Coidados porta a porta visitará Alfoz

AMariñaXa
O Concello de Alfoz acolle o programa Coidados porta a porta, a través da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e Silman 97.
explotacion belesar estado pista vilalba aberta
11 Abr 2022

O Concello de Alfoz acolle o programa Coidados porta a porta, a través da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e Silman 97.

Este programa gratuito ofrece unha serie de servizos destinados ás persoas maiores, en unidades móbiles que percorrerán diferentes concellos do medio rural das 4 provincias galegas.

Estará instalada fronte á piscina municipal de Alfoz os días 18, 19 e 20 de abril en horario de mañá e tarde e para participar haberá que pedir cita no teléfono 622 748 283.

Os servizos, que se prestarán, preferentemente baixo cita previa, ás persoas que se acheguen, serán os de audioloxía, consistente en revisión e valoración auditiva, o de podoloxía para a prevención, diagnóstico e tratamento das principais patoloxías dos pés como a eliminación de durezas, control de uñas; e o de prevención do alzhéimer e outras demencias neurodexenerativas que consiste na realización de probas de valoración cognitiva, exercicios e fichas de estimulación cognitiva, actividades de estimulación funcional e envellecemento activo, prevención da soidade non desexada e promoción da autonomía persoal.

As unidades móbiles dipoñen de acceso para persoas con mobilidade reducida xa que conta con plataforma elevadora.

0.18729400634766