O programa Catuxa remata as súas actividades no IES Vilar Ponte de Viveiro
TerraChaXa | AMariñaXa
11 Abr 2019
Alumnas e alumnos de 3o da ESO C do IES Vilar Ponte participaron o pasado luns no taller de “Intelixencia emocional, social e habilidades persoais”, da man do equipo de RETNOVA, empresa adxudicataria do Programa CATUXA.
A Mariña, 10 de abril de 2019. Alumnos e alumnas do IES Vilar Ponte, pertencentes aos concellos de Viveiro e Ourol, participaron o pasado luns nunha das actividades do Programa CATUXA destinadas a combater unha das maiores problemáticas hoxe en día na adolescencia: a ausencia de aprendizaxe e traballo en intelixencia emocional e na forma de entender as relacións interpersoais. Con esta actividade finalizan as actividades de CATUXA no citado centro no que participaron arredor de 60 rapazas e rapaces en diferentes sesións.
A través das distintas dinámicas desenvolvidas durante o taller, púxose de manifesto a facilidade coa que a rapazada identifica as súas debilidades pero non son capaces de facer o mesmo coas súas fortalezas, polo que a través deste obradoiro práctico e vivencial insistiuse no reforzo das fortalezas do alumnado e da súa autoestima.
Ao igual que os outros dous grupos deste centro educativo viveirense, o alumnado participou activamente nas dinámicas propostas e poñendo de manifesto o seu firme interese por seguir formándose nesta liña.
O equipo CATUXA estará mañá no IES Plurilingüe San Rosendo, no concello de Mondoñedo.
Está dispoñible o teléfono de atención da Unidade de Xénero para Adolescencia do Programa CATUXA: 604067520
Pódese seguir a actualidade do programa CATUXA en Instagram e Facebook cuxo perfil é @programacatuxa.