O programa CATUXA comeza abril coas súas actividades nos concellos de Cervo e Viveiro

TerraChaXa | AMariñaXa
Esta semana levouse a cabo un “Taller afectivo-sexual” no IES Marqués de Sargadelos do concello de Cervo, dirixido ao alumnado de 3o da ESO no marco do programa Catuxa, promovido pola Mancomunidade da Mariña Lucense.
IMG_20190320_122135
8 Apr 2019
Esta semana levouse a cabo un “Taller afectivo-sexual” no IES Marqués de Sargadelos do concello de Cervo, dirixido ao alumnado de 3o da ESO no marco do programa Catuxa, promovido pola Mancomunidade da Mariña Lucense.
Neste taller, coordinado por Retnova Proxectia Consulting, analizáronse os diferentes mitos sobre o amor, a sexualidade e as prácticas sexuais. Ademais os e as participantes puideron coñecer máis a fondo conceptos como a identidade de xénero, orientación sexual, transexual e transxénero, entre outros.
A andaina do programa Catuxa continuou coa actividade de “Intelixencia emocional, social e habilidades persoais” nese mesmo centro co grupo de 4o da ESO e anteriormente no IES Vilar Ponte de Viveiro procedeuse cun novo grupo de 3o, tamén da man de Retnova.
A través desta actividade, na que o alumnado fixo fincapé na importancia de afondar nesta temática para traballar nas súas fortalezas e debilidades a través dos seus testemuños, dotouse aos alumnos e alumnas de ferramentas para xestionar as súas emocións e mellorar a empatía, autoestima, seguridade e avanzar en respecto e igualdade.
A semana que ven retomaranse as actividades co último grupo de 3o da ESO do IES Vilar Ponte e o alumnado de 3o da ESO do IES Plurilingüe San Rosendo do concello de Mondoñedo.
Está dispoñible o teléfono de atención da Unidade de Xénero para Adolescencia do Programa Catuxa: 604067520
Pódese seguir a actualidade do programa Catuxa en Instagram e Facebook cuxo perfil é @programacatuxa.
0.15137910842896