O programa Catuxa chega ao IES Vilar Ponte en Viveiro

TerraChaXa | AMariñaXa
28 Mar 2019
O equipo de ReTnova, empresa adxudicataria do programa Catuxa, chega ao IES Vilar Ponte para traballar co alumnado de 3º da ESO dos concellos de Viveiro e Ourol, poñendo en práctica unha nova edición do taller de “Intelixencia emocional, social e habilidades persoais”.
Os alumnos e alumnas do instituto de secundaria viveirense asistiron a unha das actividades do programa Catuxa, na cal participaron de maneira moi activa en todas as dinámicas, para entender as emocións e as relacións interpersoais en clave de igualdade.
De xeito experiencial concienciouse a mozos e mozas sobre a importancia das emocións e como estas inflúe nos seus actos, facilitando pautas de xestión e de autocoidado emocional. Como reflexións conclusivas comentaron frases como “dinme conta de que todos e todas somos iguales a nivel emocional”, “axudoume a identificar emocións no resto das persoas”, “uniunos máis como equipo”.
Coa realización deste taller, fomentouse o autocoñecemento e o autoconcepto como vía para defender as propias ideas mediante o emprego da empatía e a asertividade. Esta aprendizaxe non só axuda a mellorar a vida dos e das adolescentes, senón tamén a desenvolver e ter mellores relacións, máis respectuosas e comprensivas.
Durante a semana continuarase este taller con outro dos grupos de 3º da ESO do IES Vilar Ponte.
Está dispoñible o teléfono de atención da Unidade de Xénero para Adolescencia do programa Catuxa: 604067520
0.20062303543091