O programa Catuxa chega ao concello de Burela
TerraChaXa | AMariñaXa
Durante esta semana, o alumnado do IES Monte Castelo e do IES Perdouro, no Concello de Burela, participaron nas actividades do programa CATUXA de sensibilización sobre a violencia de xénero e a igualdade entre mulleres e homes, promovido pola Mancomunidade da Mariña Lucense.
6 May 2019

A Mariña, 3 de maio de 2019. O equipo de ReTnova, empresa encargada da execución deste programa, estivo ao longo desta semana no IES Monte Castelo, co alumnado de 4o da ESO e PMAR, e no IES Perdouro, co alumnado de 3o da ESO, para levar a cabo a actividade do Programa CATUXA “Intelixencia emocional, social e habilidades persoais”.
Coa realización dun total de cinco sesións deste taller nos dous centros educativos públicos, CATUXA chegou a máis de 100 mozos e mozas de entre 14 e 16 años do Concello de Burela.
Tanto o alumnado como o profesorado de ambos centros, valoraron positivamente e demandaron de maneira aberta mais recursos deste tipo para o coñecemento e mellora da xestión das súas emocións. A sensación logo desta actividade foi de satisfacción pola gran resposta do alumnado e o interese mostrado.
Cabe recalcar a importancia de levar a intelixencia emocional ao sistema educativo para dotar aos e ás adolescentes de recursos para o seu autocoñemento e unha mellor xestións das emocións como base para a promoción de relacións igualitarias e de respecto. Proba diso é o elevado número de centros que optaron por este taller no marco do Programa Catuxa.
Por outra parte, o programa Catuxa continúa nas próximas semanas con novas actividades. Neste sentido, cabe sinalar que o próximo 15 de maio, o equipo do Programa Catuxa estará de novo no Concello de Burela coa actividade “A MIÑA FILLA/ALUMNA SOFRE VIOLENCIA? Punto de encontro familias e profesorado”. O encontro pretende proporcionar ferramentas de detección e intervención con menores en situación de violencia de xénero, xa que este traballo ten que ser conxunto entre familias, profesorado e alumnado.

Está dispoñible o teléfono de atención da Unidade de Xénero para Adolescencia do Programa CATUXA: 604067520
Pódese seguir a actualidade do programa CATUXA en Instagram e Facebook cuxo perfil é @programacatuxa.