O programa 'A Mariña en Ruta' continúa nos concellos de Cervo e A Pontenova

AMariñaXa
O programa 'A Mariña en Ruta' continuará os días 28 e 29 de outubro por Cervo e pola Pontenova.
A Mariña en Ruta San Miguel de Reinante
20 Out 2023

O programa 'A Mariña en Ruta' continuará os días 28 e 29 de outubro por Cervo e pola Pontenova. Á súa vez, a viaxe ao pasado pola fraga da Becerreira en Trabada, prevista para o 21 de outubro, queda posposta para o 5 de novembro por mor dos lumes acontecidos a pasada ponte festiva.

Ata finais de novembro están programadas 16 actividades, unha por cada concello que conforma o xeodestino e onde a artesanía da comarca ten un papel destacado. A iniciativa está promovida pola Mancomunidade de Concellos coa colaboración da Xunta de Galicia e da Deputación de Lugo.

Pola súa parte, a ruta en Cervo do día 28, que estará guiada por Noela Feal, conta con media ducia de prazas, mentres que a do 29 terá lugar a ruta dos Fornos e Mina Consuelo na Pontenova, con Tirolina das Minas e coa presenza do artesán Rodil.

Esta situación amosa que esta nova edición do programa “está a resultar un éxito de acollida, xa que todas as prazas ofertadas se están a completar”, explica a presidenta da Mancomunidade de Concellos da Mariña, Rocío López.

0.11106514930725