O profesorado do Colexio Martínez Otero de Foz formouse nas técnicas de RCP

Foz
AMariñaXa
O profesorado do Colexio Martínez Otero de Foz formouse nas técnicas de RCP con especial atención ao uso do DESA.
AmigusLabsKids
18 Nov 2020

Parte do profesorado do Colexio Martínez Otero de Foz formouse nas técnicas de RCP, con especial atención ao uso do DESA (desfibrilador semiautomático). O curso de formación, de carácter acreditativo, foi impartido por Dona Carmen Pernas (médica especialista en familia e formadora), a quen lle agradecemos, unha vez máis, a súa dispoñibilidade, amabilidade e colaboración.

Ademais, desde o curso pasado, o Colexio Martínez Otero é un centro cardioprotexido, grazas a unha campaña impulsada pola ANPA do Colexio e que contou cunha gran acollida entre as familias.

O profesorado do Colexio, nestes tempos máis que nunca, preocúpase, aínda máis, pola saúde e o benestar do noso alumnado.

0.20027494430542