O primeiro sábado do mes de xullo celébrase a Romaría de Santo Estevo do Ermo
TerraChaXa | AMariñaXa
O primeiro sábado do mes de xullo celébrase a Romaría de Santo Estevo do Ermo, no área natural e arqueolóxica do mesmo nome, na parroquia de San Cosme.
6 Xuño 2019
O primeiro sábado do mes de xullo celébrase a Romaría de Santo Estevo do Ermo, no área natural e arqueolóxica do mesmo nome, na parroquia de San Cosme.
A xornada adoita comezar cunha ruta a pé ata a capela de Santo Estevo. Logo celébranse unha misa e unha procesión, seguidas dunha degustación de empanada de sardinas e unha sesión vermú. Xa pola tarde adoitan organizarse xogos populares para todos, para logo finalizar a xornada festiva cunha verbena.