O primeiro ministro de Cabo Verde visitará Burela o 5 de outubro

AMariñaXa
Ulisses Correia e Silva participará nun encontro aberto coa veciñanza e compartirase unha merenda comunitaria
Primer-ministro-de-Cabo-Verde-Jose-Ulisses-Correia-e-Silva
25 Sep 2025

A Asociación Deportiva Cultural Djunta Mó anunciou que o vindeiro domingo 5 de outubro de 2025 Burela recibirá a visita do primeiro ministro de Cabo Verde, José Ulisses Correia e Silva. A súa parada na vila será breve, pero cargada de simbolismo, ao tratarse dunha oportunidade para reforzar os lazos entre a comunidade caboverdiana e a sociedade local.

O encontro desenvolverase a partir das 16:50 horas no Porto Plaza, situado na Praza de Abastos. Segundo explican desde Djunta Mó, trátase dunha charla aberta ao público na que se pretende dar voz ás ideas, propostas e preocupacións veciñais arredor da integración, a convivencia e o desenvolvemento social.

Finalizada a intervención do mandatario, terá lugar unha merenda comunitaria pensada para favorecer un espazo de encontro máis distendido entre veciños, asociacións e autoridades. Desde a organización destacan que será “un momento para dialogar e celebrar en colectividade”, subliñando a importancia deste tipo de iniciativas para fortalecer a cohesión social en Burela.

⚙ Configurar cookies
0.089590072631836