O presidente de Parlamento de Galicia participa na Semana Santa de Ribadeo

AMariñaXa
O presidente de Parlamento de Galicia, Miguel Santalices, participou na Semana Santa ribadense.
miguel_santalices_semana_santa_ribadeo
31 Mar 2024

O presidente de Parlamento de Galicia, Miguel Santalices, participou na Semana Santa ribadense. O pasado venres asistiu na igrexa parroquial á celebración da paixón do Señor e á posterior procesión do Santo Enterro, que estivo acompañada pola Banda Municipal de Música de Ribadeo e polo Coro Miserere.

Santalices acompañou ao equipo de goberno nestes actos da Semana Santa aos que tamén acudiu o ex delegado territorial da Xunta en Lugo e actual deputado autonómico Javier Arias. O alcalde, Dani Vega, agradeceu a súa presenza en Ribadeo.

0.16788983345032