O presidente da Deputación esixe a dimisión do Conselleiro do Mar

Foz
AMariñaXa
Os concellos da comarca da Mariña comezaron a poñer en marcha os servizos de salvamento nas diferentes praias
12 Xan 2024

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, esixe a dimisión inmediata do Conselleiro do Mar, Alfonso Villares, polas “inaceptables e vergoñentas” manifestacións que fixo sobre os granulados de plástico que están inundando as costas galegas.

“Nunca demostrou preparación nin coñecemento sobre a actividade pesqueira. De feito, cando tomou posesión, el mesmo recoñeceu que ía dedicar o seu tempo a coñecer o sector, dixo. Algo incomprensible, que o Conselleiro do Mar non saiba nada da materia e dos recursos que lle toca xestionar. Pero as declaracións de onte non deixan lugar a dúbidas da súa total incapacidade para exercer o cargo que ostenta, e nin sequera para representar aos cidadáns. Polo tanto, debe apartarse ou que o presidente da Xunta, o señor Rueda, o aparte, xa”, asegurou José Tomé. “Queda moi pouco para un cambio de goberno na Xunta de Galicia, pero cando menos, que non siga facendo o ridículo, nin insultando a intelixencia dos galegos e galegas”. “O primeiro que ten que facer este señor é aprender vocabulario para dirixirse á xente”, recalcou.

O mandatario provincial referiuse desta forma ás manifestacións nas que o Conselleiro do Mar asegurou, literalmente, ante os medios de comunicación: “Non sei se alguén come o aparato dixestivo dos peixes. Non sei. Eu non. Eu intento apartalo. Son produtos que entran, como se calquera persoa comera accidentalmente algún plástico, porque entran por onde entran e saen por onde saen”.

Trátase, en todo caso, subliñou o presidente da Deputación, da “última perla” dunha Xunta que “non o puido facer peor” ante o desastre ambiental provocado pola marea de plástico, e que segue “na roda de mentiras, de incompetencia e de soberbia” na que está instalada dende hai un mes “tratando de minimizar o problema”. “No Prestige eran hilillos de plastilina, agora son bolas de plástico. O manual é o mesmo: mentir, ocultar e botarlle a culpa ós demais, esperando a que o Goberno do Estado, os concellos e a xente lle resolvan a papeleta”.

https://galiciaxa.com/2024/01/amxa/zonas-amxa/foz-amxa/248487/

https://galiciaxa.com/2024/01/amxa/zonas-amxa/foz-amxa/249064/

0.12260007858276