Estas bolsas e axudas ao estudo reguladas nas presentes bases teñen por obxecto atender a sufragar os gastos derivados do aloxamento, comedor e transporte.
Haberá tres categorías, as de comedor, para estudantes de ensinos en centros públicos da comarca da Mariña que precisen comer fóra de Xove a causa dos seus horarios, cando ditos estudos, aos que se refiren as presentes bases, non sexan impartidos nos centros de ensino do Concello de Xove.
As axudas para estancias para estudantes universitarios en universidades españolas, de ciclos formativos que non existan na comarca, e de ensinos artísticos, profesionais e superiores e de ensinos deportivos, profesionais e superiores.
As de desprazamento serán para estudantes que cursen estudos existentes en San Cibrao, Viveiro ou Burela, cando o seu horario escolar non sexa compatible coa liña regular de transporte de viaxeiros, de ciclos formativos en centros da Mariña Lucense, agás os recollidos no punto anterior, que cursen estudos existentes en San Cibrao ou Burela, e que ao regreso só dispoñan de transporte regular ata Xove e non ata a súa parada de orixe, por incompatibilidade da liña de transporte de viaxeiros, de ciclos formativos que non existan na comarca, de ensinos artísticos, profesionais e superiores e de ensinos deportivos, profesionais e superiores e estudantes universitarios en universidades españolas.
Aos efectos das presentes Bases, enténdese por axuda ao estudo toda cantidade ou beneficio que o Concello de Xove conceda a quen desexe realizar ou se atope realizando estudos para a súa promoción educativa, cultural ou profesional, de acordo coas presentes bases e para os cursos académicos a que se refiran as respectivas convocatorias”
As persoas interesadas na concesión dunha axuda deberán cumprir o requisito de empadroamento e residencia efectiva no Concello de Xove.