O PP ribadense pregunta porque o alcalde non os deixa entrar no Forte de San Damián e na Casa da Ría

AMariñaXa
O BNG pedirá o apoio do Pleno da Deputación para demandar ao goberno do Estado investimentos nas vías estatais da provincia
Forte_de_San_Damian ribadeo
22 Out 2021

A vicevoceira do Grupo Municipal Popular de Ribadeo, Elena Sierra, denuncia que o goberno local non deixe aos populares comprobar o estado do Forte de San Damián e da Casa da Ría. A popular pregúntase, polo tanto, “qué esconde o señor Suárez para non deixarnos entrar”.

O Grupo Municipal Popular pediu permiso por escrito e, ao non recibir resposta, “o que demostra unha vez máis a falta de transparencia deste goberno; esiximos explicacións no último pleno”. Sierra condena a resposta “pouco democrática” do goberno local que lles indicou que “xa irán cando haxa un acto”. A este respecto, a popular explica que “para iso non temos que pedirlle permiso porque, como ribadenses que somos, temos todo o dereito de acudir”.

Elena Sierra supón que a resposta “para demorar a nosa entrada ata o próximo acto será aproveitada polo goberno local para arrombar estes espazos e que se vexan ben: que a imprenta de ‘As Ribeiras do Eo’ doada xenerosamente pola familia deixe de estar nese estado ferruxento e de abandono e a Casa da Ría deixe de presentar esa imaxe de total abandono con grafitis e mobiliario roto”.

Tendo en conta que está todo nun estado lamentable, a vicevoceira dos populares dirixe outra pregunta ao sr. Suárez: “que foi do telescopio e do material para observacións astronómicas?”. 

Sierra lembra tamén o estado de abandono da Casa das Algas e do refuxio de pescadores que demostran que “ao goberno do BNG non lle importa o patrimonio de Ribadeo”. Con todo, urxe ao goberno local ao seu coidado porque “aos ribadenses impórtanos moito”.

0.2808690071106