O PP ribadense pide un correcto mantemento do auditorio municipal Hernán Naval
A vicevoceira do Grupo Municipal Popular de Ribadeo, Elena Sierra, asegura que “o goberno local do BNGatópase escaso de ideas”. Un exemplo disto son, segundo a popular, “as practicamente inexistentes actuacións culturais no auditorio municipal”.
Sierra advirte, ademais, que “isto non pode servir de excusa para ter o auditorio tan abandonado” tal e como demostra “a presencia de graffitis, cristais rotos, a falta de desbroce, etc”.
A popular sinala que “non fai moito, a Xunta de Galicia anunciou a inversión de 13.500 euros neste auditorio dirixido á eliminación de humedades tanto do salón principal como de varias salas”.
Elena Sierra engade en relación a estas obras de mellora que “se o goberno local non realiza os correctos e necesarios traballos de mantemento e conservación, tirase o diñeiro”. A vicevoceira do Grupo Municipal Popular pregúntase a quen se lle botará a culpa esta vez: “á Xunta ou aos cidadáns?”.
O Grupo Municipal Popular pide “unha contorna limpa e o correcto mantemento do auditorio municipal Hernán Naval”.