O PP ribadense esixe explicacións ao Goberno local pola tala de árbores no paseo do Cargadoiro

AMariñaXa
O PP ribadense esixe explicacións ao Goberno local pola tala de árbores “brutal y desmedida” no paseo do Cargadoiro.
Tala paseo Cargadoiro   Ribadeo (2)
28 Maio 2022

O Grupo Municipal Popular de Ribadeo informou esta mañá de que o Concello estivo talando árbores no paseo do Cargadoiro. “Sorprendidos quedamos todos os ribadenses ao atoparnos cunha talla de árbores desmedida e brutal no paseo do Cargadoiro”, segundo sinala Elena Sierra.

Nese sentido, o Grupo Municipal Popular de Ribadeo preguntará no pleno do vindeiro martes “se existe algún estudo técnico que acredite que haxa que eliminar estas árbores para algún tipo de proxecto futuro”.

A vicevoceira popular refírese a se as obras do carril bici que, “por certo levan un retraso considerable, esixen eliminar estas árbores”.

Sierra considera necesario que “o BNG responda a esta pregunta. Non por nos, senón por Ribadeo que se pregunta se é indispensable esta tala que ataca directamente ao medio ambiente”.

0.11220598220825