O PP ribadense denuncia o abandono do Forte de San Damián
A vicevoceira do Grupo Municipal Popular de Ribadeo, Elena Sierra, denuncia “o Forte de San Damián atópase nun estado de abandono absoluto. Outra vez máis vemos o deixamento deste goberno que non se preocupa do noso patrimonio”.
A popular sinala que “este espazo, idóneo para exposicións, tería que estar noutra situación”; pero “non existe nin mantemento nin conservación diaria”. Nese sentido, Sierra lamenta que o goberno local do BNG diga que restaura pero que unha doazón tan importante coma a imprenta de La Comarca e de Riberas del Eo ao Concello “atópese tirada no medio dunha sala chea de humidades”.
A vicevoceira do Grupo Municipal Popular considera, polo tanto, que “coa súa falta de traballo, o goberno local ri dos cidadáns”. Ademais, engade que “o que é de titularidade municipal atópase totalmente abandonado” mentras que aos particulares os obriga a conservar o seu patrimonio e os seus terreos.
Sierra explica que “desde o noso Grupo Municipal esiximos ao goberno do BNG a conservación e o mantemento do noso patrimonio”.