O PP ribadense denuncia constantes apagóns no alumeado público

AMariñaXa
A vicevoceira do Grupo Municipal Popular, Elena Sierra, denuncia que Ribadeo pasou catro días da semana pasad sen luz:
Ribadeo sen luz (1)
1 Dec 2021

A vicevoceira do Grupo Municipal Popular, Elena Sierra, denuncia que Ribadeo pasou catro días da semana pasad sen luz: “estivemos a cegas en moitas das nosas rúas que se iluminaban grazas ás luces dos escaparates”, sinala a popular.

Tanto veciños, coma hostaleiros e comerciantes teñen trasladado as súas queixas  ante esta situación que tamén condenan os populares. Sierra considera, a este respecto, que “o goberno local parece que está totalmente en contra do comercio local”. Durante o Black Friday houbo unha total falta de iluminación nas rúas debido ao apagón da semana pasada. Pero a esta situación hai que sumarlle tamén a falta de programación en relación ás obras da rúa Rodríguez Murias que “están paradas y sin acabar” de cara á ponte da Constitución. “O goberno do BNG non prevé os puntos e datas onde a xente vén maioritariamente a comprar a Ribadeo”, matiza.

Precisamente de cara ao Nadal, Sierra explica que haberá iluminación navideña. “Alegrámonos moito porque será a única forma de ver algo pola noite nas nosas rúas”, apunta.

APAGÓNS CONSTANTES

“En Ribadeo sabemos moi ben o que son os apagamentos de luz nas nosas rúas porque os levamos sufrindo moito tempo. O peor é que o goberno local sabe perfectamente onde se atopa o problema da luz e pode arranxalo xa”. É por iso polo que o Grupo Municipal Popular urxe ao goberno do BNG “a tomar cartas no asunto, ser serios e arranxar o problema da luz dunha vez por todas”.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17848706245422