O PP ribadense advirte que as dúas varredoras do Concello están no taller

AMariñaXa
O Grupo Municipal Popular advirte que “Ribadeo está sen máquinas varredoras, unha delas desde xuño do ano pasado”
barredora ribadeo
31 Xan 2022

Elena Sierra advirte que “Ribadeo está sen máquinas varredoras, unha delas desde xuño do ano pasado”

A vicevoceira do Grupo Municipal Popular de Ribadeo, Elena Sierra, advirte de que “as dúas varredoras do Concello atópanse no taller. E, unha delas, xa desde o mes de xuño. Non me estraña que o concelleiro de medio ambiente, o señor Freije, nin se acordase” cando respondeu á pregunta formulada polos populares no último pleno en relación ao mantemento da maquinaria municipal ao dicir que “neste Concello había maquinaria de sobra. Pero, desde logo, non entendemos a que Concello se refire”, apunta.

A popular advirte de que esta situación se debe a “un problema moi claro: a falta de mantemento da maquinaria municipal”. E denuncia, nese sentido, “a desidia e deixadez deste Goberno ao que lle da todo igual".

Sierra sinala que “so traballan cando están a punto de chegar as eleccións e isto non sempre vale. Ribadeo necesita un Goberno que actúe durante todo o mandato. E como todo da igual, este é o resultado do traballo real feito”, conclúe.

0.1985068321228