O PP provincial propón unha declaración institucional de apoio á continuidade da actividade en Alcoa

AMariñaXa
O portavoz do Grupo Provincial Popular, Antonio Ameijide, e o viceportavoz e alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro, mantiveron unha reunión con representantes do comité de empresa de Alcoa para escoitar de primeira man a súa situación ante as últimas noticias que chegan da multinacional e a unhas semanas do inicio do 2024, a data prevista para a reactivación das cubas de aluminio, segundo o acordo asinado en setembro do 2021.
13 Dec 2023

Atendendo ás peticións do comité de empresa, os populares propoñen que a Deputación de Lugo aprobe unha declaración institucional en apoio aos traballadores de Alcoa. De feito, os deputados trasladaron o seu “apoio absoluto aos traballadores da planta”.

Ameijide remarca que “esta planta é un importante motor económico non só para A Mariña; senón tamén para a provincia” e, polo tanto, “temos que traballar para que este motor non pare”. Así, “esiximos que Alcoa cumpra o acordo: os seus compromisos de investimentos para garantir a continuidade da produción de aluminio na Mariña e dos postos de traballo”.

Os deputados do Grupo Provincial Popular convidan ao PSOE e BNG a “remar de forma conxunta” e “lanzar unha mensaxe de unidade e apoio aos traballadores aprobando, de forma consensuada, unha declaración institucional no vindeiro pleno”. Porque “en asuntos coma este todos debemos ir da man en defensa dun interese ou obxectivo común”.

https://galiciaxa.com/2023/12/amxa/zonas-amxa/cervo-amxa/242621/

0.16771101951599