O PP pide o arranxo e ampliación dunha ponte na LU-P-0203, en Alfoz

AMariñaXa
O PP de Alfoz, de Juanjo Fraga, defende a concentración de fincas como medida de apoio á actividade económica do rural
Alfoz Ponte LU P 0207
24 Mar 2024

“Non se preocupan pola seguridade”. Así de contundentes se amosan os deputados do Grupo Provincial Popular na Deputación de Lugo tras comprobar a enésima despreocupación de José Tomé por garantir a seguridade nas estradas provincias.

Os deputados provinciais Antonio Ameijide, Demetrio Salgueiro e José María Fernández estiveron en Alfoz, xunto ao voceiro municipal Juanjo Fraga e os concelleiros da agrupación local, e comprobaron como o presidente da Deputación, o PSOE e o BNG poñen en risco a seguridade dos veciños deste municipio ao non reparar un dos piares, danado e que perdeu a súa base, dunha ponte situada na estrada LU-P-0203, moi preto da conexión coa estrada LU-P-0206.

O voceiro provincial, Antonio Ameijide, insiste na necesidade de mellorar de forma urxente o mantemento das estradas provinciais xa que “son un verdadeiro perigo” para a seguridade dos seus usuarios.

Ademais desta actuación, tamén sería preciso estudar a posibilidade de anchear esta ponte e outras situadas na estrada LU-P-0207 xa que “o paso dos vehículos é complicado polo estreitamento da vía nestas infraestruturas” xa que “é imposible que pasen dous vehículos ao mesmo tempo”.

Ante esta situación, os deputados populares presentarán un rogo no pleno deste martes para solicitar ao goberno provincial que realice estas actuacións.

0.17921996116638