O PP de Viveiro pide o arranxo da vía dende Fonte de Covas ata a ponte de Feve

AMariñaXa
O Grupo Municipal Popular de Viveiro advirte do “moi mal estado” da vía na parroquia de Covas
Pallaregas-Covas
Estado da vía
4 Jun 2024

O Grupo Municipal Popular de Viveiro advirte do “moi mal estado” da vía que comunica Fonte de Covas ata a Ponte de Feve, nas Pallaregas, na parroquia de Covas. Máis concretamente, subliñan que “ten moitas fochancas e afundimentos no firme”. É por iso polo que urxen ao goberno local a “buscar unha solución e incluír nos seus plans o arranxo desta vía”, por exemplo, a través de vindeiras convocatorias do Plan Deputación ou doutras axudas nas que se poida incluír coma, por exemplo, as liñas de axudas de Agader ou outras para a reparación de pistas e camiños.

Os populares sinalan que “fai tempo se repuxo o firme na pista Ponte Feve- Casería e en parte do ramal de Vilar de Abaixo – O Rego, que dá acceso ás vivendas de Porta Leira; pero quedou pendente ese tramo”. Os concelleiros do PP manteñen contacto directo cos veciños e veciñas e así levarán ao vindeiro pleno unha das súas demandas ante a “ineficacia” do gobernó bipartito porque cren que “os veciños da zona merecen que a vía sexa renovada na súa totalidade”.

0.16728711128235