O PP pide “máis implicación” ao goberno provincial cos GES

LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa
Os populares resaltan a "clara a implicación do Goberno galego cos GES ao asumir más da metade do custo anual dos GES a pesar de tratarse dunha competencia local”
PP-no-parque-bombeiros-comarcal-de-Monforte
8 Aug 2024

O voceiro do Partido Popular, Antonio Ameijide, recórdalle ao goberno provincial de PSOE e BNG que “o servizo de prevención e extinción de incendios en concellos de menos de 20.000 habitantes -na provincia de Lugo, todos menos a capital- é competencia da Deputación Provincial, segundo a Lei de Bases de Réxime Local 1 ”.

É por iso polo que o popular pide “máis implicación” ao goberno provincial cos Grupos de Emerxencia Supramunicipal (GES) da provincia que, na actualidade, ascenden a seis con sede nos municipios de Cervo, Friol-Palas, Monterroso, A Pontenova, Quiroga e Folgoso do Courel.

“É máis, debería prestar o servizo directamente, non só contribuír co financiamento do seus gastos”, engade. Ameijide subliña que “a Xunta de Galicia, a pesar de non ser competencia propia -xa que é dos Concellos e Deputación- achega o 52,5% dos gastos de funcionamento dos GES da provincia -ademais de dotalos de material- fronte ao 40% que aporta a Deputación de Lugo”.

Así, “é clara a implicación do Goberno galego cos GES ao asumir más da metade do custo anual dos GES a pesar de tratarse dunha competencia local”. Os Grupos de Emerxencia Supramunicipal “son especialmente necesarios en época de verán” segundo indica Ameijide porque “non só se eleva o risco de incendios, senón que tamén se incrementan outro tipo de riscos de emerxencias, accidentes, aglomeracións... debido ao turismo e ao retorno de moitos veciños de Lugo que volven a pasar o verán aos seus municipios de orixe”.

O portavoz provincial, recoñeceu en nome dos deputados do PP, “o importante labor en materia de emerxencias, protección civil y prevención de incendios forestais por parte dos GES que, ademais, teñen competencia para intervir en incendios, coma o que se rexistrou onte nunha vivenda unifamiliar en Friol”.

Nese sentido, pídenlle tamén ao goberno de PSOE e BNG “implicación para garantir o servizo nos municipios da Montaña que na actualidade carecen de servizo en materia de emerxencias e prevención de incendios”. Nese sentido, incide en que “non só se trata de pagar, senón que hai que impulsalos onde non os hai”.

Antonio Ameijide afea a política do goberno provincial en materia de emerxencias e extinción de incendios lembrando tamén que “os deputados do Grupo Provincial Popular queremos comprobar a situación dos parques comarcais de bombeiros; pero o presidente da Deputación, José Tomé, néganos a entrada”.

Así o fixo cando o pasado mes de xuño os deputados populares se achegaran ao parque de Monforte, despois dunha comunicación previa dirixida formalmente ao presidente, pero “no momento da visita dixéronnos que non nos podían deixar pasar por orde directa da presidencia da Deputación.

Esta decisión contradí o indicado pola Valedora do Pobo nunha resolución do 15 de marzo deste ano na que indicaba que non é necesario que os deputados populares solicitasen permiso, senón unha sinxela comunicación, tal e como fixemos”, subliña.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17105102539062