O PP pedirá ao pleno da Deputación a constitución dunha comisión de queixas e suxestións

RibeiraSacraXa | TerraChaXa | LugoXa | SarriaXa | AMariñaXa
O PP propón escoitar á cidadanía e pedirá ao pleno da Deputación a constitución da comisión especial de queixas e suxestións
Pazo San Marcos Lugo
24 Xul 2023

"Os veciños da provincia teñen dereito a reivindicar os seus dereitos e realizar queixas ante calquera administración e a Deputación de Lugo non é unha excepción, motivo polo que o Grupo Provincial Popular defenderá no pleno do mércores que se constitúa e convoque, no prazo dun mes, a comisión especial de queixas, suxestións e reclamacións, atendendo ao establecido no artigo 74 do Regulamento Orgánico da Deputación de Lugo", así o indicou o o voceiro do partido.

No Grupo Provincial Popular defendemos que “todos os cidadáns temos dereitos ante a Administración pública, sendo un deles o dereito a presentar suxestións, queixas ou reclamacións en relación co funcionamento dos servizos públicos e os órganos e unidades da Administración” polo que tendo en conta a necesidade de garantir a defensa dos dereitos dos veciños, a lei establece un órgano no ámbito organizativo das Administracións Locais: a Comisión especial de Suxestións e Reclamacións, que debe ser creada polo Pleno.

Os deputados populares entenden que esta comisión ten que estar formada por representantes de todos os grupos políticos que integran o pleno na mesma proporción que as comisións informativas, tendo esta comisión a potestade de supervisar a actividade da Deputación.

Entre as súas funcións desta comisión deberían estar, polo menos a recepción das queixas, reclamacións ou suxestións formuladas pola veciñanza; dar conta ao Pleno a través dun informe ou memoria anual dun resumo de actuacións e suxerir medidas para evitar a acumulación de queixas; analizar as causas que motivan esa acumulación; e supervisar a actividade da Administración provincial.

Unha vez constituída e convocada sería preciso elaborar e aprobar un regulamento para recoller o funcionamento desta comisión, establecendo unha periodicidade bimensual para as súas reunións, incidindo na necesidade de que nela teñan representación todos os grupos políticos da corporación na mesma proporción que as comisións informativas.

Por último, e en aras a garantir a máxima transparencia por parte da Deputación, os populares defenden que se lle dea a esta comisión a máxima difusión a través de distintas canles para garantir que os veciños e veciñas da provincia teñan coñecemento desta ferramenta; así coma da existencia do modelo normalizado para a presentación de avisos, queixas e suxestións ante a Deputación de Lugo.

0.097777843475342