O PP non acadaría a maioría absoluta nas eleccións á Presidencia da Xunta, segundo o CIS

RibeiraSacraXa | TerraChaXa | LugoXa | SarriaXa | AMariñaXa
O Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS) vén de publicar un documento coa posible intención de voto nas vindeiras eleccións autonómicas do vindeiro 18 de febreiro, que indica que o PP podería quedarse sen a maioría absoluta coa que gañou os comicios anteriores.
rueda eleccions galicia
25 Xan 2024

O Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS) vén de publicar un documento coa posible intención de voto nas vindeiras eleccións autonómicas do vindeiro 18 de febreiro, que indica que o PP podería quedarse sen a maioría absoluta coa que gañou os comicios anteriores.

A enquisa preelectoral apunta a que os populares de Alfonso Rueda obterían entre 36 e 38 escanos, entre 6 e 4 menos que os obtidos por Alberto Núñez Feijóo hai catro anos en 2020.

Pola súa parte, a formación nacionalista, segundo esta estimación, conseguiría entre 20 e 23 escanos, moi por riba dos que conseguiu nas pasadas eleccións, de 19. No caso do PSOE, o CIS apunta a que acadaría os 15 ou 17 escanos, que mostra tamén un aumento con respecto aos que ten agora mesmo, que son 14.

Ademais, nesta enquisa mostrase a posbilidade da entrada no Parlamento do partido político Sumar, que podería conseguir entre 0 e 2 escanos, así como a de Democracia Ourensana, que podería ter un.

0.12198495864868