O PP focego denuncia o retraso na municipalización da auga

Foz
TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
Dende o PP de Foz veñen de criticar o proceso de municipalización da auga prometido en campaña electoral polo PSOE.
14 Xuño 2020

Dende o PP de Foz veñen de criticar o proceso de municipalización da auga prometido en campaña electoral polo PSOE.

"O anterior goberno popular iniciou o proceso de contratación do servizo de abastecemento, saneamento e depuración dado que o compromiso coa actual concesionaria rematou en decembro de 2017. Para elo contratou unha consultora con experiencia na materia como é Eptysa para facer unha auditoría e  estudar a viabilidade do servizo e ditaminar cal das dúas opcións, se municipalizar ou seguir coa concesión era a máis beneficiosa", di Javier Jorge Castiñeira voceiro do PP de Foz.

En xuño do 2018 co voto de PP e FPF e cos informes da consultora decidiuse inicar o proceso de contratación de unha nova concesión e encárganselle os pregos novamente a Eptysa.

Despois do cambio de Goberno "ninguén sabe nada do proceso que segue paralizado polo bipartito", partidario no seu día de municipalizar o ciclo da auga.

Mentres tanto e "despois de levar un ano gobernando segimos esperando se o bipartito decide contradicirse de novo como supoñemos e aposta pola externalización e seguir co proceso iniciado polo PP; polo que os pregos necesitarán unha actualización co conseguinte sobrecoste e perda de tempo, ou se aposta pola municipalización", di Castiñeira.

En todo caso a débeda con Gestagua incrementouse este ano por non facer nada e pola contra deixouse de percibir 500.000 euros establecidos como canon para 2019 e 2020 que se percibirían da nova concesionaria e que se incluíron no Plan económico financeiro.

"Pero a peor situación é na que estamos agora, sen facer nada seguimos en situación irregular seguiremos acumulando débeda por non actualizar as taxas" que o Partido Popular levou a pleno innumerables veces e nada da municipalización prometida que rescataría o servizo.

Finalmente, o voceiro do grupo popular ofrecese unha vez máis para colaborar neste asunto e pídelle ao alcalde que convoque a xunta de portavoces para resolver o tema e retomar o traballo feito polo anterior goberno popular.

0.18658590316772