O PP esixe solucións ante o problema da Local de Viveiro
Os populares advirten que “Viveiro leva preto de 6 meses sen efectivos da Policía Local” e esixen “explicacións sobre o que fixeron e que se tomen en serio o problema ofrecendo solucións”. A voceira municipal, Mariña Gueimunde, censura que “nin a alcaldesa nin o seu de febreiro cando a totalidade dos efectivos do Corpo de Policía Local deixaron de prestar servizo por atoparse de baixa polo que “o servizo se encontra de facto totalmente suspendido e inactivo, segundo as resolucións da Alcaldía”.
Os grupos municipal e provincial esixirán explicacións en Pleno para saber a actual situación do corpo da Policía Local de Viveiro e en que punto do procedemento informativo e de actuacións previas para o que solicitou colaboración ao servizo de asistencia e asesoramento técnico aos Concellos da Deputación de Lugo aberto o 1 de marzo pola alcaldesa apertura dun procedemento informativo e de actuacións previas para determinar as circunstancias excepcionais acaecidas.
O portavoz provincial, Antonio Ameijide, condena que “de novo vemos como o actual goberno da Deputación nunca está á altura das circunstancias, o Concello de Viveiro ten un problema enorme coa Policía Local, levan meses sen servizo e no momento no que se multiplica a poboación da vila, nin goberno municipal nin provincial fan nada”.
Os populares preguntan, ademais, se xa está firmado o convenio co Concello de Lugo para o instrutor, se xa se comezou a instrución e as declaracións dos implicados. O día 1 de marzo tamén se celebraba a única reunión de portavoces ata o momento sobre este asunto, coñecíamos a solicitude ao servizo de prevención de riscos laborais da emisión de informe de avaliación de riscos psicosociais dos postos de traballo por decreto da Alcaldía e a solicitude de colaboración da Deputación de Lugo a través do servizo de asistencia e asesoramento técnico aos Concellos para levar a cabo a tramitación do expediente informativo e de actuacións previas.
“Dende aquela o único que transcendeu foi que en maio fora nomeado o instrutor do expediente, pero seguimos sen saber se xa se iniciaron as actuacións - intervencións, entrevistas ou procedementos para analizar os feitos e condutas- ou se xa foi emitido o informe de avaliación de riscos que a alcaldesa resolvía solicitarao servizo de prevención de riscos laborais”, subliñou Gueimunde. Os populares lamentan que “pasara a Semana Santa, o Resurrection Fest, a Feira Renacentista, o Corpus Christi e que estamos afrontando xa o mes de agosto no que a poboación de Viveiro se multiplica e, polo tanto, as incidencias en materia de seguridade viaria e cidadá se incrementan sen este servizo”. É máis, “seguimos sen coñecer os avances e a previsión do goberno local para solventar o problema”.