O PP di que o estudo de costes para licitar o SAF de Foz está totalmente desactualizado

Foz
AMariñaXa
O PP avisa de que o estudo de costes para licitar o SAF de Foz está totalmente desactualizado, de maneira que aplica un IPC do 1,5
4 Abr 2022

O PP avisa de que o estudo de costes para licitar o Servizo de Axuda no Fogar de Foz está totalmente desactualizado, de maneira que aplica un IPC do 1,5 cando xa está no 9,8.

"Nun tempo como o actual, no que o entorno socioeconómico cambia a gran velocidade, é un erro deixar durmir nos caixóns os estudos de custos para os servizos públicos, porque finalmente acabarán por non ser válidos. Seguramente a causa da pouca vontade de traballo do goberno local de Foz, o prego de condicións para a licitación do Servizos de Axuda no Fogar (SAF) durmiu dende xaneiro do 2021 ata agora, e, como era previsible, está totalmente desactualizado", di o portavoz popular, Javier Castiñeira, que sinala que “no pasado pleno, o grupo municipal do PP advertiu ao equipo de goberno que ía sacar a licitación o servizo de axuda no fogar, por cinco millóns de euros, por tres anos máis un de prórroga, en condicións absolutamente desactualizadas”. Explica: “No cálculo dos salarios e dos servizo en xeral hai un gran desfase. Os salarios están calculados con base nas táboas dos anos 19 e 20 e aplícase un IPC do 1,5%, algo que é incorrecto porque a día de hoxe estamos nun IPC do 9,8, de case o 10, e segue subindo. Por tanto, como mínimo 7,5 veces menos do que debería figurar. Isto afecta ao concurso, aos salarios e aos licitadores”. 

Os populares pediron no pleno que este asunto quedara sobre a mesa, “que traballaramos esta semana neste asunto  e que se convocara un pleno xa cos salarios e prezos actualizados”. Pero, segundo sinala Castiñeira, non quixeron, pasaron o rodillo outra vez.  “O PP leva en todo este período pedindo ao goberno que convocara este concurso; levamos case tres anos  e non o fixeron, nin nos chamaron para trallar neste asunto”.

Castiñeira declara: “Tamén nos estraña que a memoria leve 14 meses feita e que non se fixera nada en todo este tempo. A memoria é de xaneiro do 2021; de aí veñen os erros nos cálculos tanto dos salarios como do custo da hora de servizo”. Destaca que o BNG permítelles todo aos seus socios do equipo de goberno e entran en contradicións, porque o SAF é un servizo que o BNG propoñía municipalizar e agora volve a saír a concurso”.

Á vista das circunstancias, o PP sospeita “que este concurso terá algún tipo de problema na súa tramitación pola desactualización dos prezos”.

0.098191022872925