O PP di que o alcalde non dispoñía de todos os permisos para a nova depuradora

Foz
AMariñaXa
O Concello de Foz recomenda non usar temporalmente a auga da traída pública para a inxesta de auga para cociñar
26 Xan 2024

Os concelleiros do Grupo Municipal do PP de Foz esixen ao alcalde “que pida desculpas a todos os focenses” por mentir deliberadamente sobre os permisos da nova depuradora, xa que non dispoñía de todos os permisos necesarios.

A concelleira popular, Mercedes Rodríguez, afirma que o convenio con Portos de Galicia que o alcalde somete hoxe á aprobación do pleno “demóstrase que mentiu” porque este convenio é fundamental para que este organismo “autorice o paso das diferentes instalacións e equipamentos da depuradora do municipio, como poden ser colectores ou o pozo de tormenta”.

Mercedes Rodríguez afirma que por este motivo “Cajoto debería pedir perdón a todos os veciños de Foz e tamén ao deputado autonómico José Manuel Balseiro”. “Demóstrase que o alcalde non dispoñía dos permisos polo que o único que lle podía aclarar ao señor Balseiro é que efectivamente non tiña todos os permisos necesarios”, afirma.

Dende o PP de Foz recordan que a nova depuradora é unha actuación que acadou o Concello de Foz cun alcalde do Partido Popular á fronte e que ten un custo de 12M€, sufragados na súa totalidade pola Xunta de Galicia.

Esta obra sempre a tentou “torpedear” o señor Cajoto, primeiro amosándose en contra da súa localización (entre Forxán e Fazouro) e tentando ampliar a depuradora actual, en contra do interese xeral dos veciños e das asociacións que piden retirala do entorno do porto.

0.1735520362854