O PP denuncia a inseguridade dos peóns que circulan pola marxe da LU- P1502 no acceso ao cemiterio de Burela

AMariñaXa
Os populares insisten en demandar ao Goberno provincial de PSOE e BNG un espazo seguro para os peóns
Ameijide-e-Salgueiro-cos-concelleiros-do-PP-de-Burela-no-entorno-do-cemiterio-coa-LU-P-1502
16 Ago 2024

Os deputados provinciais Antonio Ameijide e Demetrio Salgueiro mantiveron unha reunión de traballo co portavoz, Manuel Rouco, e os concelleiros do PP de Burela para coñecer de preto a situación do Concello e algunhas das demandas dos veciños para darlles traslado tamén ante a Deputación de Lugo.

Os populares insisten en demandar ao Goberno provincial de PSOE e BNG un espazo seguro para os peóns que circulan pola estrada de Vilaestrofe, a LU-P-1502, de competencia da Deputación de Lugo, no entorno do cemiterio municipal da Puída. Concretamente sinalan que “non hai beirarrúas dende o cemiterio ata a parada de bus habilitada na marxe desta estrada provincial polo que os veciños teñen que circular pola calzada; xa sexa polo arcén ou, incluso, invadindo un carril da propia vía”.

O voceiro provincial, Antonio Ameijide, afea ao goberno de Tomé “que leve anos sen escoitar esta reivindicación dos veciños para garantir a seguridade dos peóns nesta vía de titularidade provincial”. Os populares cren que é necesario instalar beirarrúas ou unha senda peonil para evitar que os peóns teñan que compartir vía cos vehículos: “calquera destas actuacións favorecería a mellora da seguridade viaria”. Tamén son necesarias as tarefas de limpeza das cunetas para unha correcta evacuación da auga da chuvia e a colocación de quitamedos na marxe da vía.

0.1872570514679