O PP de Viveiro presenta a súa candidatura para intentar recuperar a alcaldía
O PP de Viveiro presenta ás eleccións municipais do vindeiro mes de maio unha candidatura “sólida e comprometida” coa que recuperar a Alcaldía. O cabeza de lista, Óscar Rodríguez Blanco, agradece a boa sintonía entre os seus integrantes e as achegas que están facendo todos os compoñentes da lista.
Entre as incorporacións, o candidato ao Congreso por Lugo, Jaime de Olano e a actual xefa territorial de Educación na Xunta de Galicia, Mariña Gueimunde.
Óscar Rodríguez está convencido de que esta candidatura “é a que mellor representa a Viveiro e a quen máis vai traballar para, unha vez no Goberno municipal, desenvolver un proxecto de futuro centrado nos nosos veciños e veciñas e na mellora da súa calidade de vida”.
Candidatura:
Óscar Rodríguez Blanco
José Soto Martínez
Teresa Pérez Rodríguez
Imma Nespereira Domínguez
Javier Teijeiro López
Antonio Lage Seara
Alicia Meitín Cordido
Vicente Vázquez Chao
Belén Corral Mera
David Piñeiro Rey
Valentín Mera Sánchez
Elena González Eijo
Magud Lara Aranda
Juan José Quelle Fra
María Luisa Soto Vázquez
Jaime de Olano Vela
Marta Pérez Lage
Felipe López Fernández
Carlos Martínez Fernández
Mariña Gueimunde González