O PP de Viveiro insta ao Goberno local a acondicionar a contorna do Pazo de Malates

AMariñaXa
O PP insta a María Loureiro a conseguir o desbroce e limpeza dos terreos que rodean o deteriorado Pazo de Malates
Pazo de Malates Viveiro (2)
10 Jun 2022

O PP insta a María Loureiro a conseguir o desbroce e limpeza dos terreos que rodean o deteriorado Pazo de Malates. "As mostras da desidia do goberno municipal de Viveiro para manter, ou facer manter, nas debidas condicións algúns solares e edificios do casco histórico e do seu entorno", din o grupo municipal do PP.

Así, denuncian o estado de abandono no que se atopan os terreos que rodean o Pazo de Malates, en pleno casco histórico de Viveiro, e reclama do goberno local a adopción das medidas necesarias para desbrozar e limpar ditos terreos. Para conseguir este obxectivo, os concelleiros do PP defenderán unha iniciativa no pleno.

Os populares destacan que “dentro do centro histórico de Viveiro, na rúa Alonso Pérez, sitúase o Pazo de Malates, unha construción con capela que un escudo vincula a un rexedor de Viveiro no século XV”. O grupo que ten por portavoz a Óscar Rodríguez indica que “agora, do mesmo xeito que durante os últimos anos, as leiras que o rodean están cheas de maleza e o pazo presenta un notorio estado de deterioro». 

Os concelleiros do PP fanse eco das queixas veciñais e dan voz ao seu malestar polo estado do contorno da capela e o Pazo de Malates, “malestar que ven dende o 2017, ano no que o Partido Popular de Viveiro xa reclamou a súa limpeza”.

No PP din ao goberno local que “se non hai posibilidade de localización dos donos, a estas alturas o Concello xa tiña que ter actuado de oficio”. 


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18103313446045