O PP de Viveiro denuncia goteiras e o deterioro da cuberta do Teatro Pastor Díaz

AMariñaXa
O PP de Viveiro condena a “absoluta irresponsabilidade” do Goberno bipartito PSOE-BNG na xestión económica por “contratar unha cea secreta cando ten pendentes de pago facturas por valor de máis de 835.
Cubos nas goteiras do Teatro de Viveiro
3 Maio 2024

O PP de Viveiro condena a “absoluta irresponsabilidade” do Goberno bipartito PSOE-BNG na xestión económica por “contratar unha cea secreta cando ten pendentes de pago facturas por valor de máis de 835.000 euros do ano pasado”, subliña a voceira Mariña Gueimunde. A popular aseguran que “están a rirse dos veciños, veciñas e provedores”. O Goberno “non ten como facer fronte aos gastos do exercicio 2023, pero segue malgastando diñeiro de tódolos e tódalas viveirenses incrementando os gastos superfluos e innecesarios e desatendendo os servizos básicos e as pequenas inversións de conservación e mantemento”, apunta a popular.

Gueimunde considera ademais, que non é a forma de potenciar o teatro de Viveiro, porque “o teatro sempre se promove con teatro” e que non se preocupan da conservación deste histórico inmoble, nin de promover a súa actividade. Gueimunde explica que “non se fai o necesario mantemento na infraestrutura dun edificio histórico e emblemático propiedade de todos e todas as veciñas, a pesares de que mostra numerosas deficiencias que o goberno de Viveiro ten sin atender”.

Ademais denuncia que “non fan máis que poñer trabas aos grupos teatrais locais que necesitan facer uso destas instalacións e, pola contra, axilizan e priorizan outros actos exclusivos para desfrute duns poucos”. Os populares propoñen destinar eses cartos ao arranxo das humidades, das goteiras, dos desconchados das paredes, do deterioro da cuberta e da decoración do teito.

“O teatro poténciase cunhas instalacións en boas condicións e con actividade”; xa sexa “permitindo que as asociacións teatrais do municipio fagan uso do Teatro para ensaios e representacións ou atraendo público entre os nosos veciños e veciñas do municipio ou doutros lugares da comarca e provincia a través de certames ou encontros teatrais de grupos de profesionais e afeccionados”.

Afea a xestión do Goberno

Á vista da situación económica do Concello, Gueimunde incide en afear gastos coma o da “cea sorpresa” onde o Concello deberá desembolsar á empresa organizadora en concepto de “influencer para difusión do teatro Pastor Díaz” a cantidade de 1.210 euros, para sete camisetas negras para un dos grupos do conservatorio ou dous ordenadores para os concelleiros do BNG por 2.505 euros que deberemos recoñecer no exercicio 2024; ou o gasto de 4.500 euros en caramelos para o Nadal.

“Tendo en conta que os provedores están á espera de cobrar o que se lles debe, que os funcionarios traballan a diario con ordenadores nada actualizados e as caixas de caramelos seguen apiladas no corredor da parte traseira do salón de plenos condenados á súa caducidade, este despropósito e forma de proceder continúan a ser un lastre para Viveiro”. De feito, a alcaldesa ten que levar ao pleno “unha proposta para botar man do remanente para pagar facturas por valor de 454.000 euros -practicamente a metade do desfase orzamentario do ano pasado- a través dun procedemento extraordinario porque o goberno local gastou tres veces máis do que tiña consignado no presuposto municipal do exercicio 2023”, engade a popular.

0.19903492927551