O PP de Viveiro denuncia a "crítica situación financeira do Concello"

AMariñaXa
O Grupo Municipal do PP de Viveiro denuncia "a crítica situación financieira do Concello, pois a entidade local, tal e como se extrae da Dación de Conta correspondente á liquidación do Orzamento de 2023, acumula un débeda en concepto de facturas pendentes de pago de preto de 900.
PP Viveiro
9 Mar 2024

O Grupo Municipal do PP de Viveiro denuncia "a crítica situación financieira do Concello, pois a entidade local, tal e como se extrae da Dación de Conta correspondente á liquidación do Orzamento de 2023, acumula un débeda en concepto de facturas pendentes de pago de preto de 900.000 euros (834.927 euros exactamente)".

A voceira, Mariña Gueimunde, arroupada polos concelleiros, fixo público este dato para que a cidadanía sexa coñecedora, din, “da deriva á que nos está levando o goberno que temos en Viveiro”, pois para efectuar o seu pagamento a entidade local vese na obriga de facer uso do remanente de tesoureiría do que dispón, cifrado en 455.0657 euros, e dun recoñecemento extraxudicial de crédito por importe de 379.860 euros.

“É inaudito que teñamos que tirar do remanente e dunha operación bancaria para poder efectuar o seu pagamento. Claramente non somos un Concello saneado; somos un Concello que nin tan sequera pode pagar gastos ordinarios”, apunta a popular.

Datos pormenorizados

Así, e segundo se desprende do mesmo, o groso das facturas corresponde a servizos exteriores e suministros; comunicaciones; a publicidade, propaganda e relacións públicas.

As partidas destinadas a estes gastos ascenden, pola mesma orde, a 364.751,35 euros, 298.360,80 euros e 55.178,66 euros. As facturas de menor importe son as referidas a mobiliario (1.909 euros) , transportes (1.208 euros) e infraestruturas (9.140,72) e servicios de profesionales independientes (3.489,64 euros).

“Non podemos permitir este descontrol. Non é de recibo que se gaste en propaganda e en conceptos que nin tan sequera sabemos o que son porque non se detalla e, pola contra, teñamos asociacións e colectivos en Viveiro que non dan cobrado as súas subvencións. Isto é un despropósito e así o trasladamos publicamente porque os veciños teñen que saber o que hai e o que temos”, relatou Gueimunde.

Ademais, para o Grupo Municipal do Partido Popular a situación “agrávase” ao negarse a alcaldesa a dar explicacións no Pleno destes asuntos que, cabe destacar, ían incluídos na Orde do Día da sesión.

“Non só declina pronunciarse senón que o atrevemento é tal que nos dixo que non dispoñía da documentación e nos remite ás actas plenarias. Estamos ante un desgoberno sen precedentes”. Por este motivo, Mariña Gueimunde advirte: “Non nos van a calar e imos seguir fiscalizando, dende a responsabilidade e o rigor, todos e cada un dos movementos deste goberno que nos está levando á quebra administrativa e económica”.

0.075520992279053