O PP de Viveiro asegura que a alcaldesa leva 6 meses mentindo sobre o problema da Local

AMariñaXa
A popular sinala que “aínda non sabemos se está asinado o convenio ou non” e advirte de que “se poderían aforrar os gastos dun instrutor externo”
concello-de-viveiro-casa-consistorial-2022
8 Aug 2024

A portavoz do PP, Mariña Gueimunde, conclúe tralo último pleno que “a alcaldesa de Viveiro leva seis meses mentindo” en relación ás xestións para aclarar a situación da Policía Local. É máis, “nin o Concello de Viveiro nin a Deputación Provincial fixeron os deberes; senón que dilataron no tempo este procedemento sen dar explicación algunha”.

A popular explica que “a proposta de convenio de colaboración entre o Concello de Viveiro e o Concello de Lugo co que formalizar as condicións de traballo do instrutor do procedemento informativo e de actuacións previas que resolveu a propia rexedora socialista o 29 de xullo é unha proba máis que evidente de que non había nada avanzado ata o de agora, a pesar de que anunciara en maio que xa estaba nomeado”.

Iso si, “aínda non sabemos se está asinado formalmente ese convenio porque a alcaldesa non nos permitiu pedir explicacións durante o pleno”, segundo indica a portavoz do Partido Popular en Viveiro. Ademais, Mariña Gueimunde entende que “o instrutor non debe actuar ata que estea formalizada a súa relación co Concello de Viveiro coa que garantir as condicións do seu traballo”. Os populares explican tamén que “a proposta de convenio recolle que o Concello de Viveiro correrá co pago polas horas de traballo máis os custos da Seguridade Social” por un servizo para o que “a alcaldesa di que non hai técnicos no Concello de Viveiro cando si que os hai que poderían realizar ese traballo sen cargar ás arcas municipais con estes gastos a maiores”.

Concretamente, a portavoz aclara que “no procedemento de estabilización de emprego hai nomeados funcionarios administrativos que poderían desenvolver esa función”. Mariña Gueimunde tamén censura que “a señora Loureiro destacara que a Deputación fora quen apoiara ao Concello neste procedemento, pero o que estamos vendo é que pasou a bóla e simplemente puxo en contacto ao Concello de Viveiro co Concello de Lugo”.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17524600028992