O PP de Viveiro afea que a alcaldesa non asine o convenio para a cesión do peirao vello

AMariñaXa
O PP de Viveiro cualifica de inadmisible que a alcaldesa se negue a firmar o convenio con Portos para a cesión gratuíta do peirao vello
12 Jul 2021

O PP de Viveiro acusa claramente a falta de xestión do goberno municipal no tocante ao peiraó vello. "É fácil", di o portavoz popular, Óscar Rodríguez, "comprobar por un mesmo as consecuencias desa falta de xestión. No pasado pleno, o goberno local deu unha mostra máis da súa nula disposición para aproveitar as circunstancias favorables para a cidade, e votou en contra da moción do PP para solicitar a Portos á cesión ao Concello dos terreos do peirao vello, que inclúen os da zona posterior da estación de buses". Rodríguez di: “Sorprendente, pero así foi; os concelleiros socialistas dixeron non a unha proposta que para que se materialice unicamente é necesaria vontade por parte do Concello, que ganaría unha ampla superficie no ámbito urbano; é inadmisible esta postura do goberno local”. Pese á oposición do goberno local, a moción do grupo do PP saíu adiante.

O portavoz dos populares de Viveiro di que o PP fai oposición en positivo e defende as que considera mellores iniciativas para a cidade, polo que non entende que o goberno local, por puro interese político, intente frealas, como é o caso da proposta para solicitar a Portos a cesión do peirao vello. Rodríguez destaca: “É máis, se no primeiro momento se falaba de renovacións anuais, na máis recente proposta enviada ao Concello por Portos establécese por catro anos, con posibilidade de prórroga por outros catro”. O Concello unicamente se ten que comprometer a manter este amplo espazo urbano en boas condicións.

Os populares sinalan que se non se firma o convenio, o goberno local incorrerá en grave responsabilidade, segundo Rodríguez, que avisa: “O Concello está a facer uso gratuíto do aparcadoiro portuario e, se non se firma o acordo, podería darse a circunstancia da explotación do peirao vello como zona regulada e  a cidade podería verse privada deste espazo para uso público”. Rodríguez destaca tamén que Portos sacrifica a explotación económica deste amplo espazo a favor da poboación de Viveiro.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18041014671326