O PP de Viveiro advirte que o vaso pequeno da piscina municipal non funciona

AMariñaXa
O PP de Xove refórzase de cara as eleccións cunha executiva que compaxina veteranía e novas incorporacións e é representativa das parroquias
Piscina municipal Viveiro (5)
5 Dec 2023

O PP de Viveiro vén de denunciar publicamente, "unha vez máis, o que é un novo exemplo de non xestión” do goberno local. Deste volta, fan referencia á piscina municipal que, este mesmo sábado, tivo os vasos todos pechados por falta de monitores. "De feito, a día de hoxe, o vaso pequeno segue sen funcionar", din.

Esta “anomalía no funcionamento súmase a que dende hai máis de quince días o servizo de jacuzzi tampouco pode ser empregado polos usuarios, á redución de horarios pola continua falta de persoal, ás goteiras existentes no ximnasio ou ás máquinas obsoletas e deterioradas·, engaden os populares.

Estas deficiencias, “que son consecuencia directa da mala xestión dos dirixentes locais e das que PSOE e BNG non dan explicacións”, están a provocar, segundo indican os populares, que se perdan abonados, cursos e competicións que, finalmente, migran a outros concellos da contorna.

SITUACIÓN CREADA EN 2015

A voceira e recente elixida presidenta do PP de Viveiro, Mariña Gueimunde, lamenta que “esteamos perdendo servizos de forma progresiva”. “Todos lembramos como en 2015, cando o Concello decidiu municipalizar a piscina sen facer previamente un estudo previo das necesidades; o que ocasionou naquel momento ata denuncias dos empregados contra á entidade local”, destaca a popular.

Dende  PP, e co fin de buscar unha solución, instan á alcaldesa socialista a cubrir a franxa horaria con traballadores con media xornada no seu contrato, pois noutras ocasións, salienta Gueimunde, “tirouse dunha empresa para que contratara un socorrista e este lle facturaba ao Concello”.

Para os populares “estamos ante unha situación herdada pola falta de previsión no momento de sacar as prazas a concurso, pois cabe recordar que por lei non se pode abrir o vaso sen polo menos un socorrista”, conclúe a voceira do PP.

Piscina municipal Viveiro (4
0.1119430065155