O PP de Viveiro acusa ao Concello de falta de interese na travesía de Cantarrana

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
"Só a falta de dilixencia por parte do goberno municipal explica que un terreo cedido de palabra hai anos ao Concello de Viveiro en Covas siga sen pasar oficialmente a propiedade municipal.
24 Nov 2019

"Só a falta de dilixencia por parte do goberno municipal explica que un terreo cedido de palabra hai anos ao Concello de Viveiro en Covas siga sen pasar oficialmente a propiedade municipal. Esta desleixo na xestión do equipo presidido pola socialista María Loureiro crea problemas aos veciños de Viveiro que viven nos edificios números 9, 11, 13 e 15 da avenida de Cantarrana" din os populares de Viveiro.

O terreo en cuestión está situado na parte posterior dos citados inmóbles, e foi pavimentado polo Concello e sirve como acceso a garaxes particulares, a un aparcadoiro e polo seu subsolo discorren redes de subministro eléctrico e de saneamento.

O grupo municipal do PP presenta unha iniciativa para conseguir que o goberno municipal adopte as medidas necesarias para formalizar a titularidade dese espazo urbano e reparar o pavimento, que está moi deteriorado.

Os concelleiros populares recordan que, en resposta á primeira iniciativa que presentaron sobre este asunto, a alcaldesa definiu esta pequena rúa como un "patio de servidume". É unha definición cando menos singular para xustificar a inacción de goberno para solucionar un problema que afecta a numerosos veciños de Viveiro, que pagan relixiosamente os seus impostos.

O PP di que o estado en que se atopa esta rúa, que vén ser algo así como unha travesía da avenida de Cantarrana, é inaceptable. A estas alturas do século XXI non se pode admitir que nunha cidade existan espazos sometidos a tal abandono por parte do Concello. Os concelleiros populares recordan que os titulares dos garaxes privados aos que da acceso este terreo pagan vaos permanentes.

Os concelleiros populares resumen os obxectivos da súa nova iniciativa municipal coa reparación inmediata do firme da rúa e o inicio tamén inmediato das negociacións para formalizar a cesión, xa feita hai tempo de maneira verbal, do terreo que é na práctica unha rúa de Viveiro.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17418193817139