O PP de Trabada preguntará no Pleno si se respecta a prestación de servizos do CAM
Os concelleiros do PP de Trabada preguntarán no vindeiro Pleno se o Concello está a fiscalizar a correcta prestación do servizo no centro de atención a maiores do municipio xa que “dende hai tempo se reiteran as queixas, tanto de usuarios como de traballadores”.
O voceiro popular, José María Fernández, explica que “semella un problema enquistado que ao alcalde e ao seu equipo de goberno non lle importa” xa que “un bo rexedor se preocuparía porque tanto os usuarios como os maiores tiveran as mellores condicións para a correcta atención e prestación do servizo”.
José María Fernández fai esta reflexión aclarando que “buscamos sempre o mellor para os nosos maiores e tamén para os empregados deste centro”.
Por este motivo, o voceiro popular preguntará ao alcalde se o Concello de Trabada está a fiscalizar que “se cumpran os pregos do contrato, así como que se respecte o convenio colectivo dos traballadores”.
“O único que queremos é que este centro funcione da mellor forma posible para que os traballadores teñan un bo clima de traballo o que redundará nunha mellor atención e servizo aos nosos maiores”, concluíu.