O PP de Trabada participará nas eleccións cunha lista estreitamente vinculada co municipio
O PP de Trabada participará nas próximas eleccións locais, fixadas para o 28 de maio, cunha lista da que o candidato popular á alcaldía, José María Fernández, destaca a súa estreita vinculación con municipio e a súa condición de traballadores, así como a ilusión de todos por conseguir para este concello os investimentos que precisa.
José María Fernández sinala: “A nosa candidatura está composta por un grupo de mulleres e homes con moita vinculación con Trabada. Son persoas humildes e traballadoras, que desexan cambiar a forma de gobernar, chegar á veciñanza e dar ao concello os investimentos que precisa”.
O alcaldable popular di: “Os membros da candidatura do PP non temos outra aspiración que a de dar ao noso pobo o mellor, o que merece, e sacalo do estancamento no que está inmerso; queremos facer todo iso sen confrontación, sen propiciar a división entre a veciñanza e buscando sempre a proximidade”.
Fernández declara: “Pola miña parte, teño que agradecer a confianza depositada en min para liderar o proxecto popular, sempre compartido con toda a veciñanza. Sei que non é sinxelo dar o paso neste clima de tensión que creou a alcaldesa; por iso estou dobremente agradecido e estareino sempre”.
Os populares adquiren un compromiso moi claro: “Prometemos gobernar con humildade, e sempre moi cerca da cidadanía, algo que vendo esta lista está máis que asegurado. Saímos a gañar e pedimos confianza porque temos capacidade, gañas e ilusión; non defraudaramos”.