O PP de Trabada critica a Rubén García por apropiarse de proxectos que antes rexeitou

AMariñaXa
Os populares acúsano de carecer de ideas propias e cuestionan a súa proposta de crear un segundo albergue de peregrinos no casco urbano
Jose-Maria-Vilelo-PP-Trabada
17 Sep 2025

O Grupo Municipal do Partido Popular de Trabada arremete contra o alcalde Rubén García, ao que acusan de “non ter proxecto nin ideas propias para o municipio” e de anunciar iniciativas que, segundo lembran, foron defendidas anteriormente polo PP e votadas en contra polo propio rexedor.

O voceiro popular, José María Fernández, puxo como exemplo a proposta de crear un segundo albergue de peregrinos no concello, anunciada recentemente nas redes sociais municipais. “Xa existe un albergue na parroquia de Sante, que se puxo en marcha no mandato anterior. Naquel momento defendemos que a mellor opción era situar o albergue no casco urbano, porque os peregrinos necesitan servizos básicos como farmacia, tendas ou hostalería, que non atopan en Sante pero si no centro da vila. O alcalde rexeitouno daquela e agora preséntao como se fora unha idea propia”, sinalou.

Fernández lembrou tamén que o ano pasado o rexedor tentou promover este segundo albergue noutra localización distinta, “pero non foi quen de sacalo adiante, e por iso agora cambia de criterio e de lugar”.

Os populares consideran que é imprescindible contar cun albergue municipal no casco urbano, mais lamentan “o tempo perdido” e as oportunidades que se deixaron pasar. “O Camiño pode ser unha fonte de riqueza para Trabada, pero perdéronse anos valiosos que non volverán”, advertiu o voceiro municipal.

⚙ Configurar cookies
0.09383487701416