O PP de Trabada comunica as obras de mellora de cobertura móbil en Fórneas
AMariñaXa
A Xunta estuda poñer en marcha varias figuras de recuperación da terra agraria e unha parcelaria no concello de Trabada
9 Feb 2024
O voceiro popular do Partido Popular de Trabada, José María Fernández, vén de comunicar que xa comezaron as obras que darán unha cobertura móbil mellor a tódolos veciños e veciñas.
"As obras que está a facer a Xunta de Galicia son na parroquia de Fórnea", dixo Fernández, "nós o que dicimos cumprímolo, dende o Concello nada se fixo neste sentido, sendo unha necesidade moi grande e que os veciños de Fórnea estaban desexando".
Segundo Fernández, "o PP de Trabada non falla e cumpre co que promete".