O PP de Trabada acusa ao alcalde de populismo tras a incidencia na torreta de Fornea

AMariñaXa
Os populares aseguran que foron eles quen contactaron coa Xunta para resolver o problema de comunicacións
Jose-Maria-Vilelo-PP-Trabada
3 Sep 2025

Desde o Grupo Municipal do Partido Popular de Trabada critican que ao alcalde, Rubén García, “unicamente lle preocupa ser un populista en lugar de buscar solucións aos problemas reais da veciñanza”.

O voceiro popular, José María Fernández, asegurou que o rexedor “onte só se preocupou de facer unha publicación en redes sociais para criticar a falta de funcionamento da torre de Fornea, en lugar de poñerse en contacto con Amtega”. Engadiu que, en canto o PP tivo coñecemento da incidencia, puxéronse en contacto coa Xunta e “dende primeira hora desta mañá o problema está solucionado e o servizo restablecido”.

Fernández censurou “o populismo” do alcalde, a quen acusa de empregar o seu tempo “en confrontar coa Xunta en lugar de buscar camiños para colaborar e mellorar o día a día da veciñanza”.

Segundo o portavoz popular, a primeira notificación que recibiu Amtega foi a chamada realizada polo PP de Trabada, “xa que o alcalde non comunicou nada aos responsables da torre”.

Finalmente, Fernández lembrou que o Concello non fixo un esforzo especial para a instalación da infraestrutura, “senón que se limitou a ceder os terreos para que a Xunta de Galicia puidese instalar a torre e mellorar as comunicacións en Fornea”.

Trabada-Cita-medica-app-agosto
⚙ Configurar cookies
0.176353931427