O PP de Ribadeo urxe a colocar o alumeado de Nadal para contribuír á economía local
O Partido Popular de Ribadeo considera que o alumeado de Nadal debería estar xa colocado para proceder ao seu acendido antes da ponte para contribuír á dinamización do comercio e a hostalería e, polo tanto, da economía local.
Os populares urxe, polo tanto, ao goberno local do BNG a realizar os traballos necesarios para proceder á súa colocación “cuanto antes”, como explica a vicevoceira do Grupo Municipal Popular, Elena Sierra. A popular engade tamén que “se coloquen también el resto de adornos navideños a pie de calle” de forma que “contribuyan a dinamizar el comercio, promover nuestro encanto turístico y animar a la gente a comprar y visitar nuestra villa”.
A coordinadora de promoción local, Marta Saiz, sinala que “estamos ás portas da ponte de decembro e o alumeado de Nadal está sen colocar en Ribadeo. É normal que o comercio e a hostalería se pregunten cando estará en funcionamento”.
“O ano pasado a inauguración do alumeado de Nadal foi o 3 de decembro a bombo e platillo, pouco menos que o alumeado de Vigo; pero este ano non vemos nada. O único que vemos xa colocados son os altavoces dos villancicos porque, como xa non se quitan, xa non os hai que poñer”. Lamentablemente, “no Ribadeo dos últimos tempos é a mellor solución para chegar a tempo”, asegura Saiz.
“O goberno do BNG sempre fai todo á última hora e correndo. Non sabemos que desculpa porán esta vez; pero a realidade é que falta planificación e de previsión absoluta”. É por iso polo que os populares propoñen “menos conto, menos culpas e máis traballo”.