O PP de Ribadeo trasladou diversas queixas veciñais en materia de limpeza e saneamentos

AMariñaXa
O Partido Popular de Ribadeo vén de trasladar diversar queixas veciñais en materia de limpeza e saneamentos de rúas, contedores, etc. da vila.
suciedad bancos herba casa ria Ribadeo
3 sep 2022

O Grupo Municipal do Partido Popular de Ribadeo vén de trasladar diversar queixas veciñais en materia de limpeza e saneamentos de rúas, contedores, etc. da vila.

"Os veciños trasladáronnos innumerables queixas e entre ela está o problema da decandencia do mobiliario urbano ou o mal estado do alcantarillado da vila", din dende o grupo popular

Así, dixeron que levan tempo propoñendo a creación dun calendario durante toda a lexislatura para ter una programación de limpeza e baldeo nas rúas, baldeo de contedores, limpeza de xardíns e áreas recreativas e a creación dunha app para controlar o lixo dos colectores.

"Ribadeo necesita tamén dunha xestión responsable por parte do goberno nas praias do municipio, pois as irregularidades nestas provocan que as boas cifras do turismo en Ribadeo se vexan empañadas", engadiron.

Por outra banda tamén denunciaron o abandono da Casa da Ría, por parte da comunidade de montes de Ove "un edificio público que serviría para facer observacións astronómicas, unha actividade que agora mesmo se está a facer na praia dos Bloques ou donde diga o BNG".

0.11444711685181