O PP de Ribadeo reitera as queixas sobre os accesos pechados á praia do Cargadoiro

AMariñaXa
O grupo municipal popular de Ribadeo esíxelle ao goberno local “xestionar orzamento para solucionar o problema” da praia do Cargadoiro
1 praia cargadoiro ribadeo pechada
15 Mar 2022

A vicevoceira do Grupo Municipal Popular de Ribadeo, Elena Sierra, explica que “pasan os días e sen darnos conta entraremos no verán e os veciños da nosa vila atoparanse co mesmo problema que o ano pasado: os accesos á praia do Cargadero seguen sen arranxarse”. Iso a pesar de que “o goberno local leva dous anos anunciando o seu arranxa; pero, ata agora, nin rastro”. 

Sierra advirte da preocupación e interese dos veciños para que se arranxen os accesos a esta praia: “mesmo chegaron a reunirse todos para pedirllo ao señor alcalde”.

O Grupo Municipal Popular tense reunido cos afectados para manifestarlles o seu apoio e mesmo reclamou en varias ocasións o arranxo dos accesos a esta praia. Nese sentido, defenderon no pleno unha moción que recollía as demandas dos veciños e usuarios. “Para moitos veciños, esta é a praia de toda la vida, a que está ao alcance dos que no teñen coche para desprazarse a outras”, aclara Sierra.

A popular considera que a falta de solucións a este problema é “outro claro ecemplo da desidia deste goberno cansado, que só traballa polo interés propio”. En relación a este asunto manifesta que “moitos veciños teñen dereito a que esta praia se amañe. Que non se poñan sempre as mesmas desculpas cando a responsabilidade é do goberno do BNG”.

Por iso, cre que “xa abonda de falsas promesas. Levan dous anos anunciando o arranxo destes accesos e ata o de agora nin rastro. A que esperan, ás próximas eleccións?”, se pregunta. 

0.14355993270874