O PP de Ribadeo reclama aparcadoiros “decentes e dignos” para a vila
O grupo municipal popular de Ribadeo reclama a construción de aparcadoiros públicos para a vila e denuncia a actitude de total abandono do goberno do BNG neste asunto. “Despois de preto de 20 ano non hai ningún aparcadoiro novo, referímonos a un decente e ben ubicado e no que non faga falta levar catiuscas para baixar do coche”, explica a coordinadora de promoción local, Marta Saiz.
Para Saiz, os anuncios “a bombo e platillo” feitos polo goberno do BNG no son máis que “praos alquilados ou solares prestados cheos de lama e auga en inverno, e terra e polvo en verano”. A coordinadora refírese ao mal estado dos aparcadoiros públicos de Ribadeo, que non están en condicións adecuadas para o seu correcto uso e funcionamento, por iso, desde o grupo popular lamentan que o goberno do BNG faga todo “rápido e correndo”. Neste sentido, o que piden é un aparcamento en condicións con pavimentación que permita as zonas de tránsito e as zonas de prazas de aparcamento, e non un estacionamento cheo de gravilla e terra.
“Ademais, estívose invertindo en escombros e zahorra. Xa sabemos que a inversión é pequena, pero pequena ou grande foi feita en suelo que nin sequera é público. Unha situación que repercute negativamente no tecido económico de Ribadeo”, engade Marta Saiz.
PETICIÓNS REITERADAS
Pola súa parte, a vicevoceira do grupo municipal popular, Elena Sierra destaca que non é a primeira vez que levan a Pleno o asunto dos aparcadoiros públicos. Sen embargo, desde o goberno do BNG “a actitude é a de sempre, fan oídos sordos, non fan caso as nosas peticións e incluso temos que escoitar faltas de respeto nos Plenos” explica a popular.
“Non nos calarán, seguiremos levando a Pleno as propostas para que fagan aparcadoiros dignos para a vila, porque nos traballamos para que Ribadeo avance” di Sierra.
CONCELLO.
Comezaron os traballos de mantemento e conservación dos aparcadoiros da vila, coa provisión de materiais no que está situado en Rosalía de Castro, a carón do Gadis, e tamén no anexo ao municipal, segundo deu a coñecer a concelleira de Obras, Mónica Freire.
A edil ribadense dixo que “como todos os anos desde a Concellaría de Obras realizamos estas tarefas para manter estes espazos nas mellores condicións posibles, sabendo que son terreos cedidos ao Concello a través de comodatos”.
Mónica Freire explicou que “estamos no día de hoxe coa provisión de materiais no aparcadoiro de Rosalía de Castro, a carón do Gadis, e tamén no de terra anexo ao municipal. Iremos facendo estas tarefas de maneira escalonada para evitar aos máximos incomodidades para a veciñanza”.
A concelleiras de Obras indicou que “actuaremos tamén no aparcadoiro de Ramón González, no de camións, que está situado a carón da rotonda do Juanín, no da rúa Lazurtegui, e no da rúa Pipelo”. Mónica Freire lembrou que “este ano coa axuda da Deputación de Lugo creamos 70 novas de aparcamento nesta zona, en pleno casco histórico de Ribadeo, co obxectivo de contar con diferentes localizacións en toda a vila ás que poder achegarse, deixar o coche e desprazarse da forma máis cómoda posible”.